Berna
Esta vez iremos ata a capital de Suíza, Berna. Atópase no centro de Europa e o seu nome provén de bar, que significa oso en alemán. Os idiomas que se falan son: francés, alemán, italiano e retrorománico. O clima é continental, e ten unha elevación de 540 metros e un área de 51,6 kilómetros cadrados.
Estamos ante unha preciosa cidade, con lugares coma: Xardín das Rosas, a catedral, o Palacio Federal de Berna, a casa Museo Einstein (onde residiu o científico), o Museo da Comunicación, o barrio de Marzili, o Museo imprescindible de Berna ou o a Torre da Prisión.
En canto á comida poderiamos desgustar: pätzli, un tipo de pasta suíza; founde de queixo; raclette, que é queixo fundido servido con patacas cocidas sen pelar, pepino e diverdos vexetais; Birchermüesli, copos de avena con zumo, froitas e leite; älplermagronen, gratinado de patacas, macarróns, nata e cebola; rösti, unha especie de tortilla. Tamén, non podiamos esquecer o chocolate suízo.
Polo tanto, non perdades a oportunidade de visitar esta fermosa cidade.
Unha cidade acolledora



