Existen praias de cristais? Cynthia e Sara R.
03.03.2021
Existen praias nas que en vez de areais hai cristais. Estes
son o resultado da acción e da forza da auga sobre o vidro. A ondaxe do
mar encárgase de esculpir e redondear o cristal. Como o vidro non é tan dañino nin prexudicial como o plástico, estes cristais xa forman parte do ecosistema das praias. O
océano tarda uns 30 anos en transformar o cristal nun tesouro mariño,
dando lugar a praias espectaculares cun colorido sorprendente.
Os mellores exemplos de praias con vidros son as que están ao carón de vertedoiros, onde a xente tira botellas e cerámica.
Aquí en Galicia hai unha praia de cristais en Laxe, O Areal dos Botiños.