Lisboa

14.01.2021

Seguimos a nosa viaxe en Europa, esta vez en Lisboa, capital de Portugal, coñecidad como a cidade das sete colinas. Está situada no suroeste de Europa, na desembocadura do río Tajo. Ten unha poboación de 545.245 habitantes, unha extensión de 84,8 quilómetros cadrados e unha elevación de 2 metros sobre o nivel do mar. 

Foi fundada polos gregos co nome de Olissipso, derivada de Ulises, que viaxou ata aquí durante a súa odisea. En novembro de 1755 foi destruída por un terremoto, o cal foi un dos máis mortais da historia, causando a morte de entre 60 mil e 100 mil persoas. O tsismo foi seguido  dun tsunami e un incendio, causando case a destrucción da cidade.

Se visitas esta cidade deberías ver monumentos como: o barrio de Alfama, o castelo de San Jorge, o acueducto das augas Livres, o barrio de Chiado, o mosteiro dos Xerónimos de Belém, o Panteón Nacional, a praza do Rossio, o convento do Carmo, a Torre de Belém, a ponte Vasco de Gama, que é a máis longa de Europa, o elevador de Santa Justa...

En canto a gastronomía, non debemos esquecer os pasteis de Belém, o bacalao á brasa, caldeirada, carne de porco á alentejana, as bifanas, que é unha especia de pan rústica recheo de porco. Tamén podes saborear un rico caldo verde, fracesinhas, un saboroso cocido portugués ou degustar un queixo da serra.

Como curiosidades, deberías saber que en Lisboa está a igrexa na que se casou Colón. Ademais, aquí xurdiron as revolucións como a dos caraveis. Baixo a cidade están as catacumbas, que tan só poden ser visitadas 3 días ao ano.  A estatua de Cristo rei é unha copia do Cristo redentor de Río de Xaneiro. Os míticos tranvías amarelos son coñecidos como "Os americanos", porque foron mercados en Estados Unidos. Por último, en Lisboa existe un hospital de bonecas.

Unha cidade acolledora

Tranvía de Lisboa
Torre de Belém
Castelo de San Jorge
Barrio de Alfama
Pasteis de Belém
Vasco de Gama
Prazo do Rossio
Mosteiro dos Xerónimos
Elevador de Santa Justa
ALUMNADO DE 5°C PRIMARIA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar