Que é a illa das bonecas? Martina

19.05.2021

A illa das bonecas encontarsa en México en Xochimilco.

Como o seu nome ben indica, está repleta de bonecas. No medio da illa encóntrase unha casa habitada por unha unica persoa, Julián Santana Barrare, que morreu en 2001.

A lenda di que no ano 50 cando Julián estaba vivo, unha moza afogou nun dos canais. O home, que se encargou de coidar a illa orixinal en total soidade, non puido facer nada para salvala. Dise entón que pouco despois do sucedido, a pantasma da moza apareceu nos sonos de Julián, ao mesmo tempo, que comezou a escoitar berros nos arredores da illa, supostamente producidos pola moza.

  Non obstante, o que máis impactou ao noso protagonista foi a aparición dunha boneca na auga pouco despois de morrer a nena. Temendo a pantasma da nena e entristecido por non poder salvala, Julián decidiu protexer a súa casa con bonecas de todo tipo e tamaño, que funcionarían como gardiáns. Como resultado diso, comezou a atopar cada vez máis bonecas abandonadas nos canais, que decidiu colgar. Así, chegou de ter unhas poucas a máis de 1500. Obviamente, estamos a falar de bonecos abandonados, polo que a súa imaxe infunde aínda máis medo, moitos deles teñen ocos baleiros, están sucios ou podres.

 No 2001, Julián foi a pescar co seu sobriño a un dos canais. Alí, confesoulle ao seu parente que había unha serea nesas augas que levaba tempo intentando levalo. Nun momento dado, o sobriño foi ver como pastaba o gando na zona, pero cando regresou co seu tío, Julián estaba morto flotando no río. A autopsia revelou que a causa da morte fora un ataque cardíaco. 

ALUMNADO DE 5°C PRIMARIA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar