Que é a Lingua do Troll? Aitor e Sara R

21.10.2020

A lingua de Troll ou Trolltunga é un saínte en forma de lingua que está a 1100 metros sobre o nivel do mar no municipio de Ullesvang, en Noruega.

Segundo a mitoloxía nórdica, existen uns seres que habitan nas montañas e nos bosques de Noruega que se alimentan de pedras, saen pola noite, secuestran ás mulleres fermosas coa chegada do amencer. Agóchanse de  tal xeito que ninguén os ve. De aí ven o nome desta pedra, a lingua de troll.

A nós recórdannos ós trolls de Frozen que vimos hai anos e nos gustara moito daquela. Hai unha escea na que aparecen os trolls que son como pedras rodantes.

Dá moita vértixe estar sobre ela, ademais os ventos adoitan soprar con moita forza e ás veces caen pedras polo desfiladeiro ata o lago que está aos seus pés, o Ringedalsvatnet.


CÁNDO SE FORMOU?

A lingua formouse fai uns 10.000 anos, en plena idade de xeo.

POR QUE ESE É O SEU NOME?

O nome da lingua de troll non so fai referencia á forma da roca, se non tamén das criaturas da mitoloxía escandinava caracterizada polo seu feo aspecto, o seu malévolo temperamento e a perigosidade.

ONDE ESTÁ E COMO CHEGAR?

A única maneira de chegar a ela é unha gran camiñata, os bordes fano un pouco perigoso ir, está a uns 1100 metros da auga do Lago Ringedalsvatnet, se caes non hai volta atrás.

ALUMNADO DE 5°C PRIMARIA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar