Que é Bora Bora? Álvaro e Sara R.
Bora Bora é unha illa do Pacífico Sur situada ao noroeste de Tahití, na Polinesia Francesa. Está composta por una illa principal e uns illotes alongados que a rodean coñecidos como motus que forman a famosa lagoa de Bora Bora.
O seu cima é tropical, con temperaturas cálidas durante todo o ano, xa que a media anual é de 26,2 graos. As chuvias son abundantes e ocorren principalmente entre novembro e abril, con chuvias monzónicas de veráns.
Nas augas turquesas de Bora Bora pódense apreciar xardíns de corais e peixes de cores, ademais de tartarugas, mantaraias e tiburóns. No centro da illa hai un volcán inactivo de 727 metros, o monte Otemanu.
A moeda que se emprega é o franco pacífico francés. Un prato típico é o ''poison cru'', que é peixe crú mariñado en zume de limón e leite de coco.
Na Polinesia Francesa teñen dous idiomas oficiais, francés e tahitiano. En todos os hoteis e áreas turísticas fálase tamén inglés.