Que é unha terraza de arroz? Aitor e Antón
Os arrozais son terreos onde se realiza a ricicultura, e dicir, o cultivo do arroz. O arroz é a principal fonte de alimentación dos países asiáticos e por este motivo, no continente asiático é frecuente encontrar arrozais de tamaños inmensos.
Normalmente acostuman ser construidos preto de recursos naturais tales como ríos pantanos ou en menor frecuencia, nas ladeiras dunha montaña, xerando as famosas TERRAZA DE ARROZ. Sen dúbida, os arrozais poden chegar a ofrecer paisaxes sublimes.
As terrazas de arroz están por exemplo no norte das Filipinas e as máis destacadas son as de: Banaue, Batad e Bangaan.
Patrimonio da Humanidade pola Unesco, estas terrazas foron construídas fai uns dous mil anos pola tribu indíxena dos Ifugao, nun entramado de manantiais que canalizan a auga das selvas subtropicais, creando un sistema de rega perfecto. Aínda que Banaue perdeu atractivo debido a construcción de edificios, constitúe a entrada a este peculiar mundo das terrazas de arroz en Filipinas.
Cina pola sua parte ten máis de 2000 anos de historia de cultivar arrozais dende a dinastía Qin e a maioría deles encóntranse no sur e sueste de China.
É un lugar moi bonito.