Tailandia
Coa súa capital, Bangkok, Tailandia é un país tropical, colorido e precioso. Atópase no sur de Asia, é ten unha morea de praias e illas como: Ko Samui, Ko Tao, Ko Samet... É un país gobernado polo rei Maha Vajiralongkorn.
Este país está repleto de templos budistas, como o templo de Esmeralda en Bangkok ou o do Dragón. A súa moeda é o Baht e son o maior exportador de arroz do mundo. Algunhas das comidas tradicionais son: Khao Lam (arroz pegajoso en bambú), Pad Thai (Tallarines de arroz) ou o Toom Yung Goong (sopa picante con setas, peixe e marisco).
Como curiosidade, hai unha cidade chamada Lopburi, na que conviven persoas e macacos, estando en cada parte da cidade. Tamén, preto da capital, en Klong Damnoen Saduak, existe un mercado flotante.
Un destino diferente





