Baixo o mar

Peixes koi


Viaxamos ata Seul, a capiatal de Korea do Sur, polo que aproveitamos para coñecer unha especie de peixe típica de este país asiático, os peixes koi. 

O que fixemos foi sumerxirnos baixo o mar para imaxinarnos nadando entre estes fermosos peixes bigotudos. A característica deste debuxo é que primeiro debuxamos liñas onduladas e coas divisións que nos saían formabamos o debuxo en sí.

Aurora austral

Utilizamos papel de carpinteiro


Desta vez coñecimos Tasmania, polo que aprendimos o que era a Aurora Austral, coñecida tamén como "As luces do sur", un fenómeno precioso que se pode observar no ceo nocturno en lugares como Tasmania. 

Por iso, utilizamos papel de carpinteiro para dividir a lámina de debuxo deixando así tres ou catro ocos para representar a noite deste lugar iluminada coas distintas cores que se ven no ceo gracias a Aurora. Por aquí vos deixamos algún exemplo das nosas creacións.

Mirando ao ceo

Pintando edificios en perspectiva


Coa visita que fixemos á cidade de Dubái, aproveitamos para utilizar escuadra, cartabón e compás para realizar as nosas interpretacións do que veríamos nesta gran cidade se mirásemos ao ceo. Estando rodeado de edificios, levantamos a vista e comezamos a debuxar.

Art Deco

Barrio Ocean Drive de Miami


Coa nosa visita a Miami, decidimos recrear o famoso barrio Ocean Drive, que está baseado no estilo artística Art Deco, coas súas fachadas rectangulares e imponentes. 

Nós quixemos facer algo parecido a base de recortes de cartolina con algo de relieve. Como debes, é unha zona chea de vida e cor, polo que non nos cortamos á hora de utilizar cores rechamantes.

O tranvía

Resaltando o amarelo


Quixemos recordar a nosa visita a Lisboa cos míticos tranvías amarelos da capital portuguesa. Para iso, fixemos recreacións realistas dos mesmos, pero tan só resaltando a cor amarela, deixando o demais en branco e negro.

Aquí temos algunhas das nosas diversas propostas. Anímaste?

Arte urbano

Keith Haring


Unha das cunas do arte urbano é Nova York, así que viaxamos ata a Gran Mazá. As rúas e os grandes rañaceos desta cidade esconden milleiros de artistas.

Entre eles, estaba el, Keith Haring, quen acostumaba a pintar no metro co risco de ser detido pola policía por estropear o transporte público. Ese nerviosismo era o que máis lle gustaba. Conseguíu incluso pintar no muro de Berlín en 1986. 

Nós, evocamos ese espírito inconformista e de protesta coas nosas elaboraciones sendo fieis ao seu estilo.

Yi Peng

Festival dos farolillos voadores


Ímonos a Asia, a Tailandia, un lugar cheo de vida, cor, praias paradisiacas e templos impresionantes. Durante o mes de novembro, celébrase o festival Yi Peng, onde milleiros de faroles voadores son lanzados ao ceo nocturno pedindo un desexo.

As rúas decóranse con outro tipo de faroles de cores, cos cales quixemos decorar a nosa aula.

Siluetas

Pintamos usando as nosas mans


Aproveitando a nosa estancia en Tanzania, fixemos debuxos de animais que poderiamos atopar na sabana africana. Para iso, utilizamos as nosas mans, xa que nos serviron para facer siluetas de animais como a cebra.

Tinga Tinga

Pinturas africanas


O arte lévanos esta vez ata Tanzania, África, onde na metade do século XX Edward Said Tingatinga creou este estilo de pintura. Representa a propia natureza de Tanzania, a súa riqueza en fauna. Son pinturas brillantes, cheas de alegría e cor. Edward na súa orixe utilizaba pinturas de bicicleta, de aí a súa brillante cor.

Nós quixemos aprender da cultura de Tanzania e fixemos interpretacións das obras como a que podes ver a continuación.

Collage

Henri Matisse


Seguimos coñecendo a obra deste artista francés, que por mor dunha enfermidade e do paso do tempo, rematou a súa vida artística producindo arte dun xeito diferente. Esta nova técnica é a pintura con tesoiras, o collage. Eran obras cheas de colorido e luminosidade.

Nós quixemos darlle o noso punto de vista con obras como a que podes ver a continuación.

Fauvismo

Henri Matisse


A nosa viaxe lévanos ata Francia, residencia de milleiros de artistas dende fai moito tempo.

A movemento artístico que descubrimos esta vez é o fauvismo, que permite dar liberdade ao noso arte, xa que a normal utilización de cores queda aparcada para utilizar a cor dun xeito provocativo, coma pintar o mar de vermello.

Unha das nosas obras deste movemento é a que podes ver nesta imaxe.

Graffiti

Sixeart


Desta vez quedamos máis preto, xa que imos a cidade de Barcelona, unha urbe chea de artistas, namorados dela. 

Six Paredes, ou Sixeart, o seu nome artístico, é un artista contemporáneo, que traballa a través do graffiti, mesturando liñas curvas, círculos e rectas.

Esta é unha interpretación que fixemos da súa arte na nosa aula.  

Arte moderno

Tarsila do Amaral


Comezamos a nosa viaxe a través do arte dende Brasil, un fermoso e alegre país de América do Sur. Aquí descubrimos a Tarsila do Amaral.

Tarsila foi capaz de mesturar o modernismo coa cultura indíxena propia do seu Brasil natal. 

Aquí podemos ver unha versión que fixemos na aula.


ALUMNADO DE 5°C PRIMARIA
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar